A fin de crear o Rexistro Municipal de Asociacións do municipio
O Concello de A Guarda abriu o prazo para presentación da documentación
Vista da vila de A Guarda desde o Monte Santa Trega - Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda informa da apertura do prazo para que as asociacións ou entidades da localidade presenten a documentación necesaria para a elaboración do Rexistro Municipal de Asociacións tal e como recolle o Regulamento aprobado definitivamente en decembro de 2020.
As asociacións culturais, de nais e pais, veciñais, deportivas, medioambientais, sociais, profesionais etc. deberán entregar a documentación prevista no Regulamento publicado no número 229 do BOP da Provincia o día 26 de novembro de 2020 xunto ao modelo de inscrición específico para esta inscrición.
O modelo estará a disposición das entidades na páxina web do concello www.aguarda.es e para presentar a documentación é preciso facelo a través da sede electrónica municipal no apartado de instancia xeral e engadir a solicitude e a documentación solicitada.
As persoas que teñan dúbidas ou necesiten máis información poderán dirixirse á OMIX da Guarda, mandar un correo electrónico a informacion@aguarda.es ou chamando ao teléfono 986 610 000 extensión 7.
Ningún comentario:
Publicar un comentario