26 de xan. de 2021

A GUARDA

A CORPORACIÇON MUNICIPAL CELEBRARÁ O PRIMEIRO PLENO ORDINARIO DE 2021

O venres día 29 de xaneiro ás 20:00 horas, na Casa do Concello  

A sesión será retransmitida en directo na canle de Youtube do Concello da Guarda

 

  

Infogauda / A Guarda  

 No día de hoxe, Antonio Lomba Baz, alcalde do Concello de A Guarda, vén de convocar a primeira sesión plenaria ordinaria deste 2021, que se celebrará o vindeiro venres día 29 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa do Concello. 

 O pleno será retransmitido en directo na canle de Youtube do Concello da Guarda: https://youtu.be/f72VfptAkR4

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Aprobación das actas das sesións ordinaria do 27.11.2020, extraordinaria do 18.12.2020 e a extraordinaria do 23.12.2020.  

2.  Expediente 142/2021. DAR CONTA DOS DECRETOS. 

3. Expediente 133/2021. DAR CONTA DOS REPAROS DE INTERVENCIÓN. 

4. Expediente 137/2021. DAR CONTA SUBVENCIÓNS RESTOS LIÑA 1 PLAN CONCELLOS 2018. 

5. Expediente 2600/2020. DAR CONTA SUBVENCIÓNS PLAN CONCELLOS 2020. 

6. Expediente 2845/2020. PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA A MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR VISITAS A MUSEOS, EXPOSICIÓNS, BIBLIOTECAS, MONUMENTOS HISTÓRICO-ARTÍSTICOS E OUTROS ANÁLOGOS. 

7. Expediente 36/2021. PROPOSTA DA ALCALDÍA PARA O INCREMENTO DAS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL QUE FORMA PARTE DA PLANTILLA DE PERSOAL DO CONCELLO DA GUARDA (LOXE 2021). 

8. Expediente 2823/2020. PROPOSTA COMPATIBILIDADE HAROLDO SÁNCHEZ CEBREIRO.

 9. Expediente 106/2021. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A INTEGRACIÓN DO CONCELLO DE A GUARDA NO EIXO ATLÁNTICO PENINSULAR. 

10. Expediente 163/2021. MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL POPULAR SOBRE O FONDO DE COOPERACIÓN GALEGO COVID-19 HOSTALARÍA. 

11. ROGOS E PREGUNTAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario