Os Reis Magos visitaron A Guarda e trouxeron moita ilusión
• O pasado martes, día 5 de xaneiro, fixeron un percorrido polas parroquias e rúas da vila, en vehículos clásicos
Infogauda / A Guarda
A programación do Nadal 2020-21 chegou ao seu fin na Guarda coa visita dos Reis Magos que o pasado martes día 5 de xaneiro fixeron un percorrido polas diferentes rúas da vila. A saída tivo lugar ás 17:30h dende a Praza do Reló, onde os Reis Magos foron recibidos polo alcalde de A Guarda e partiron en tres vehículos clásicos para facer o percorrido acompañados pola Policía Local e o GES.
Os Reis Magos visitaron a vila guardesa co desexo de facerse ver polos nenos da vila sen pór en risco a saúde de picariños nin de maiores, polo que propuxeron un itinerario que percorreu os barrios e parroquias do municipio traendo moita ilusión para toda á cidadanía.
As características do rueiro local, así como a limitación de tempo, non permitiu chegar a todas as rúas, na súa maioría estreitas e con difícil saída, polo que se propuxo un itinerario amplo que priorizou as longas avenidas e sobor de todo permitíu chegar ata os diferentes lugares máis distantes do centro.
Foron moitos os veciños que agardaron nas súas vivendas para sentir dende as xanelas a chegada dos Reis. Outros decidiron achegarse ás rúas gardando a distancia de seguridade (2m.) entre grupos de convivintes.
Os Reis Magos fixeron o percorrido en coches descubertos, para dese xeito ser visibles, non en carroza como en edicións precedentes, polo que o percorrido foi mais áxil e rápido que nunha cabalgata tradicional, percorrendo uns 22 km en total.
Dende o concello lembran que todas aquelas persoas que non desexen conservar as luces repartidas nos centros educativos, poderanas depositar nos contedores de residuos eléctricos ubicados no primeiro andar da Praza de Abastos, para ser reutilizados pola empresa que os fabricou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario