SUSPENDIDAS TODAS AS TRAVESÍAS DO FERRY-BOAT ENTRE CAMINHA E A GUARDA, E VICEVERSA
· Debido á situación excepcional da pandemia da Covid-19 e ás medidas de restrición da mobilidade decretadas polo Governo de Portugal no día de onte
Infogauda / A Guarda
Este venres día 8 de xaneiro de 2021, o Concello de A Guarda deu a coñecer o seguinte comunicado:
"Debido á situación excepcional da pandemia da Covid-19 e ás medidas de restrición da mobilidade decretadas polo Governo de Portugal no día de onte, informamos que quedan suspendidas todas as travesías do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha nas xornadas deste sábado día 9 e do domingo día 10 de xaneiro de 2021".
Ningún comentario:
Publicar un comentario