TRANS MIÑO ABRE O ANO COA PROGRAMA "NON DEIXES QUE A LGTBIFOBIA SE NORMALICE NO DÍA A DÍA"
Deputación de Pontevedra subvenciona a Trans Miño para levar a bo termo o programa NON DEIXES QUE A LGTBIFOBIA SE NORMALICE NO DÍA A DÍA
Asociación Trans Miño / A Guarda
A Deputación de Pontevedra, a través das axudas para a normalización lingïstica, subvenciona a Asociación Trans Miño e a sección Trans Miño LGTBIQ+, para levar a bo termo o programa "Non deixes que a LGTBIfobia normalícese no día a día".
Dita actividade consiste na elaboración dunha serie de dípticos, onde se representan accións cotiás que son consolidadas con LGTBIfobia, e poden ser presuntamente atenuantes do delito de odio.
Con esta acción, desde Trans Miño LGTBIQ+ preténdese concienciar á mocidade para a erradicación desta accións. Unha serie destes dípticos estiveron a repartirse polas zonas de influencia desta asociación, neste período estival, onde tivo unha moi boa acollida. O obxectivo é poder repetir a operación, para iso cóntase cuns 5.000 dípticos e 300 cartaces que serán entregados nas xefaturas das Policías Locais, así como en concellos, OMIX, colexios e institutos das Comarcas do Val Miñor, Baixo Miño, Louriña e Condado Paradanta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario