Novas visitas da unidade móbil de doazóns de sangue
Os días 28, 29 e 30 de xaneiro
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará A Guarda o xoves día 28, venres día 29 e sábado día 30 de xaneiro.
Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (ao carón do Centro Cultural) o xoves 28 en horario de 10:00 a 14:00; o venres 29 en horario de 16:00 a 21:00; e o sábado 30 en horario de 10:00 a 15:00 horas.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Para maior seguridade, pide a túa cita previa para doar no 900 100 828.
• Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar espere 2 horas.
• Non esqueza traer a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar.
• Informe ao médico se está a tomar algún medicamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario