21 de xan. de 2021

A GUARDA

Curso de Monitor/a de tempo libre

A Omix de A Guarda abre as inscricións

 

Infogauda / A Guarda     

 A OMIX do Concello de A Guarda comeza a inscrición no curso de monitor/a de tempo libre.  

 O curso inclúe materia específica en atención á diversidade e tamén o curso de manipulador/a de alimentos.  

 A data prevista de comezo será o 6 de marzo.  

 Os requisitos básicos para poder acceder ao curso son: ter cumpridos os 18 anos antes da data de comezo do curso e estar en posesión do título de Educación Secundaria ou no seu defecto graduado escolar.  

 Prezo da formación: 245€ para persoas en situación de desemprego e 265€ tarifa ordinaria. Existe a posibilidade de fraccionar o pago. 

 Máis Información na OMIX da Guarda, no correo electrónico informacion@aguarda.es ou no teléfono 986 610 000 extensión 7.  

 Inscricións en liña no seguinte formulario: https://forms.gle/fzxBC5prcqo2raeF9  

 O curso impartirase nas fins de semana nas instalacións municipais, ademais parte desta formación teórica será impartida de forma online.

Ningún comentario:

Publicar un comentario