21 de xan. de 2021

O ROSAL

O Concello achégase a ver a  nova furgoneta da U.D. Ribera  

Empregarase para os desprazamentos deportivos do club. 

Dende o Concello quérese agradecer o gran labor que está realizando no eido deportivo en momentos tan complicados 

 

A alcaldesa Ánxela Fernández Callís achegouse cos membros do club Yago Cruces e Nel Gómez para ver o novo vehículo adquirido

 

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal continúa comprometido co deporte e colaborando cos diferentes equipos. A alcaldesa visitou a U.D. Ribera para ver a nova furgoneta adquirida polo club, unha ferramenta que facilitará a mobilidade da entidade cando teña que realizar desprazamentos deportivos.  

 "Dende o Concello queremos agradecer o gran labor realizado polo club en momentos tan complicados e poñer en valor o traballo que levan feito para adaptarse á nova realidade e continuar coa actividade deportiva de xeito seguro", dixo Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal.  

 Cun exhaustivo protocolo anti COVID-19, o club continúa adestrando con todas as medidas de seguridade, adaptándose constantemente á normativa marcada dende as autoridades sanitarias e facendo un esforzo moi importante para manter a actividade dando prioridade á saúde pública.  

 A alcaldesa Ánxela Fernández Callís achegouse cos membros do club, Yago Cruces e Nel Gómez, para ver o novo vehículo adquirido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario