ACTOS VANDÁLICOS E SUBTRACCIÓN DE ELEMENTOS DE USO PÚBLICO
Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Camposancos
A Comunidade de Montes de Camposancos quere denunciar, ao tempo que expresa a súa preocupación, diversos actos vandálicos que se están a producir dentro dos seus límites e que atentan contra elementos da súa propiedade de uso público.
Durante a pasada fin de semana, entre a tarde do sábado día 16 e a mañá de domingo 17, desapareceron dous bancos fabricados con troncos de eucalipto, colocados pola Comunidade de Montes de Camposancos para uso e desfrute da veciñanza nas inmediacións do Outeiro do lobo, a carón do chamado “Camiño do carro” no monte de Santa Trega.
Do mesmo xeito, e ao longo desta semana, tamén desapareceron dúas varandas das entradas á caseta do Parque "Finca do Crego", que se atopaban dentro do recinto de uso público que a Comunidade de Montes ten na parroquia de Camposancos.
A Xunta Reitora advirte que estas accións atentan contra a propiedade privada da Comunidade de Montes, que comportan perxuízos á veciñanza, que van ser investigadas e que poden ocasionar aos causantes consecuencias legais.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario