2 de dec. de 2020

LABORAL

A CIG CONVOCA UNHA MOBILIZACIÓN DO PERSOAL DA CONSERVEIRA THENAISIE PROVOTÉ

Este xoves, 3 de decembro, de 14:00 ás 15:30 horas, diante da sede do IGAPE, en Santiago de Compostela


Infogauda / Galicia

 A FGAMT-CIG convoca para este xoves día 3 de decembro de 2020, de 14:00 a 15:30 horas, diante da sede do IGAPE, en Santiago de Compostela (Complexo Administrativo de San Lázaro), unha mobilización do persoal da conserveira Thenaisie Provote, con centros de traballo no Grove e en Mos, coincidindo coa celebración dunha xuntanza decisiva para o futuro da empresa, que se verá abocada á liquidación no caso de que non se chegue a un acordo para a venda ao inversor galego interesado. 

 Na reunión participarán os representantes do grupo propietario de Thenaisie, o director xeral do Igape, a directora xeral de Pesca, a patronal do sector conserveiro Anfaco, o empresario galego interesado na adquisición da conserveira e as centrais sindicais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario