2 de dec. de 2020

DEPORTES

VOLTA Á  COMPETICION DO  CLUBE DE  JUDO BAIXO MIÑO   

Verónica Pérez, Tecla  Cadilla, Elena  Cañibano e Brais Pereira, seleccionados para a fase final do Campionato de España absoluto de judo

 

                  Brais Pereira, Elena Cañibano, Verónica Pérez  e Tecla Cadilla
 

Clube de Judo Baixo Miño / A Guarda

 Despois dos bos resultados dos judokas do Clube de Judo Baixo Miño, de A Guarda, no campionato galego absoluto, catro judokas do Clube de Judo Baixo Miño foron seleccionados para participar esta próxima fin de semana na fase final do Campionato de España absoluto de  judo. 

 

Ademáis de Eric Barceló - que non figura nesta fotografía -, aí vemos os medallistas do Club de Judo Baixo Miño, no campìonato galego absoluto


 Os resultados no campionato galego foron:

 Verónica Pérez, campioa galega en -52kg 

 Tecla Cadilla, campioa galega en -57kg 

 Elena Cañibano, subcampioa galega en -57kg 

 Eric Barceló, subcampión galego en -60kg 

 Brais Pereira, subcampión galego en -90kg  

Adrián Romero, bronce na categoría de -73kg  

José Manuel Rodríguez, 5º posto en -100kg  

 Os catro seleccionados para representar a Galicia son:  Verónica Pérez, Tecla  Cadilla, Elena  Cañibano e Brais Pereira. 

 Moita sorte!

Ningún comentario:

Publicar un comentario