2 de dec. de 2020

A GUARDA

O Concello de A Guarda pon en marcha Maismans,  Banco Municipal de Voluntariado 

A persoa voluntaria debe ter en conta que poderá participar en moitas e diversas actuacións


Infogauda / A Guarda

 Cando ás persoas culminan seu ciclo laboral prodúcese, en moitos casos, un baleiro que compre encher con actividades saudables, xa que ademáis de repercutir positivamente no desenvolvemento de cada ún de nós, poden ter, se así o desexamos, un importante valor social engadido. 

 Temos referencias que entre á veciñanza hai quen desexa botar unha man e as veces non acertamos a onde dirixirnos para aportar noso gran de area a prol da sociedade e ao mesmo tempo sentirnos útiles e desenvolver o espírito altruista que aniña no foro interno de moitos membros da comunidade cívica. Máis iso vai ter solución grazas a iniciativa Máismans, promovida pola OMIX do Concello de A Guarda.

 “Esta acción nace - segundo veñen de comunicar desde á institución municipal - coa intención de crear unha bolsa de persoas voluntarias, dependente do Concello de A Guarda, que sexa unha ferramenta estable que acolla a toda persoa que por decisión propia e libre teña diversas inquedanzas para colaborar coa comunidade de forma desinteresada.   

 Durante a situación vivida durante o confinamento da poboación, provocado pola crise sanitaria da Covid-19, o Concello de A Guarda tratou de dar resposta a diversas circunstancias que se puxeron de manifesto, como a vulnerabilidade de moitos sectores da poboación, con apoios sociais máis reducidos ou limitados, desenvolvendo un programa de apoio telefónico a persoas maiores que viven soas. Esta pequena acción visibilizou a necesidade de procurar unha rede de apoio constante e comunitaria que se podería realizar dende o voluntariado.   

 A persoa voluntaria debe ter en conta que poderá participar en moitas e diversas actuacións como: acompañamento a persoas (maiores e/ou menores), accións medioambientais, eventos puntuais e tamén voluntariado en entidades ou asociacións municipais.   

 As persoas interesadas poden solicitar información na OMIX do Concello de A Guarda a través das redes sociais ou do correo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario