2 de dec. de 2020

GOIÁN (TOMIÑO)

O CINECLUB POLEIRO  REACTÍVASE  

Este xoves día 3 de decembro, ás 20:30 horas, no auditorio de Goián

 


Rita Alonso / Goián 

 Con BENZINHO, unha película brasileira, gran triunfadora no Cinema Brasil Grand Prize do 2019 e no certame de 2018 do Festival de Málaga, o Cineclub Poleiro retoma a súa actividade no auditorio de Goián, con medidas de seguridade, distancia, uso obrigatorio de máscara e  aforo restrinxido do auditorio.       

 As proxeccións adiántanse ás 20:30h polo toque de queda.

 BENZINHO, unha película dirixida polo brasileño Gustavo Pizzi, conta a historia dunha ama de casa de Rio de Janeiro con catro fillos que acolle á súa irmán e ao seu sobriño.           

 O día 14  de xaneiro proxectaráse unha película colombiana baseada nunha historia real, que explica a orixe do narcotráfico en Colombia, PÁJAROS DE VERANO, dirixida por Ciro Guerra e Cristina Gallego.       

 Programaremos nunha nova data A ILLA DAS MENTIRAS, de Paula Cons.      

Sinopse:  Madrugada do 2 de xaneiro de 1921. Naufraxio frente a illa de Sálvora do buque Santa Isabel con destino a Bos Aires. Tres mulleres bravas salvan a preto de 50 náufragos. Un xornalista arxentino investiga o suceso e descubre moitas incógnitas.  Historia e ficción sobre as heroínas de Sálvora.  

 O cineclub Poleiro conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño, da Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia dentro do marco do Xacobeo 2021.

Ningún comentario:

Publicar un comentario