OS SEGREDOS DO NADAL CAMPOSINO
A veciñanza de Camposancos quere celebrar un Nadal diferente, sostible e ecolóxico
Infogauda / Camposancos
A presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos xunto cos veciños e veciñas de Camposancos, convidan a todas as persoas interesadas a desfrutar dun roteiro e un Nadal espallado polas rúas de Camposancos.
Asemade a veciñanza de Camposancos proclama: "Queremos celebrar un Nadal diferente, sostible e ecolóxico, sen plásticos nin brillos, centrado nas crianzas".
A presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Mª Mercedes Martínez Vázquez salienta que "a veciñanza traballou arreo para construír unha mini-aldea con material de refugallo, restos de poda, cabacos e anacos de madeira, para que a rapazada de toda a comarca percorra os camiños de Camposancos cunha sinalización de camiños para coñecer o percorrido, guiando os pequerrechos aos seus pais e nais,cara un Nadal máis cálido e familiar.
Prevese que o apalpador baixe do Monte Trega as tardes do 24 e 31 de decembro, mais este ano non vai apalpar nas barriguiñas da cativada por mor do COVID.
Desfrutemos dunhas festas diferentes!! Sexamos felices!! Porque o máis importante do Nadal está camiñando ao teu carón".
Tamén se ten previsto o acendido do alumeado e a presentación da ornamentación da Praza de San Amaro o día 8 de decembro ás 17:00 horas .
Anímate e participa desta ocasión tan singular!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario