Galicia envía ao Ministerio para a Transición Ecolóxica un informe que xustifica a súa postura en contra de incrementar a protección do lobo
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda envía unha carta, e dito documento, ao secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, no que lle argumenta as razóns polas que esta especie cinexética non debe ser incluída no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especia (Lesrpe)
Recorda que é a Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade a que debe presentar este tipo de iniciativas e solicitudes, que tamén se deben debater e analizar no seo do Grupo de Traballo para o lobo
Lamenta a falta de diálogo por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica, que non ten en conta a realidade non só de Galicia, senón das catro comunidades ao norte do río Douro
Infogauda / Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, enviou hoxe ao secretario de Estado para o Medio Ambiente unha carta na que lle informa da remisión dun informe -elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural- no que se explica e xustifica a negativa da Comunidade galega a incrementar a protección do lobo, tal e como pretende levar a cabo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
No informe
arguméntanse os motivos polos que esta especie non debe ser incluída no
Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial
(Lesrpe), porque en Galicia o estado de conservación do lobo é
favorable. Segundo os criterios de aplicación da Directiva de Hábitat o
estado de conservación dunha especie se considera favorable cando:
-
Os datos sobre a dinámica da poboación da especie en cuestión indiquen
que a mesma segue e pode seguir constituíndo a largo prazo un elemento
vital dos hábitats naturais aos que pertence. No caso de Galicia, o
último censo realizado traslada a existencia de 90 manadas reprodutoras
de lobos, polo que en termos xerais mantense ou incluso experimentaron
un aumento nos últimos 15 anos.
- A área de distribución natural da
especie non se estee reducindo nin amence con reducirse nun futuro
previsible. Segundo os estudos realizados a presenza do lobo na
Comunidade é amplía, ocupando a maior parte do territorio, incluso está
presente en zona humanizadas. Así, a área de distribución desta especie
en Galicia supón un 72%, sendo Lugo e Ourense as provincias con maior
presenza.
- Existe, e probablemente, siga existindo un hábitat de
extensión suficiente para manter as súas poboacións a largo prazo. En
xeral, o lobo en Galicia atópase nun medio humanizado, caracterizado
pola presenza de pequenas poboacións repartidas de xeito uniforme por
todo o territorio.
Asemade, no informe elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural indícase que este tipo de inclusións ou cambios, que defende o ministerio dirixido por Teresa Ribera Rodríguez, deben ser plantexadas pola Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade e, logo, ser consultadas ao Grupo de Traballo do lobo, un trámite que non foi abordado.
Nese sentido, desde a Consellería de Medio Ambiente lamentan a falta de diálogo por parte do Ministerio, que non coñece a realidade territorial de Galicia, neste caso, para poder facer unha valoración completa da situación real desta especie no conxunto; unha situación que non é exclusiva de Galicia senón que afecta ás catro rexións ao norte do río Douro (Asturias, Cantabria e Castela e León).
A conselleira de Medio Ambiente reiterou a necesidade de fixar unha reunión, co fin de explicarlle de primeira man a posición das catro comunidades ao norte do Río Douro polas que se negan a incluír esta especie cinexética no Lesrpe.
Incidiu unha vez máis na
necesidade e importancia de achegar posturas de consenso, pois o
obxectivo que debe primar é o da conservación e a axeitada
compatibilidade coa gandería e o que esta actividade supón para a
economía das zonas rurais e para a biodiversidade. Nese sentido,
recordou que o departamento que dirixe ten realizado esforzos
importantes para establecer liñas de axudas para compensar os danos que
provoca a especie, uns 1,7 millóns de euros no período 2016-2019, e
tamén axudas para establecer métodos de prevención, como a adquisición
de cans de guarda, mallas electrificadas e pastores eléctricos, cun
importe de 1,3 millóns de euros desde o ano 2016.
Ningún comentario:
Publicar un comentario