2 de dec. de 2020

A GUARDA

A GUARDA, UN ANO PERDIDO NA PREVENCIÓN DO VIH POR CULPA DO GRUPO DE GOBERNO

 

Asociación Trans Miño LGTBIQ+ / A Guarda

 Fai 32 anos que a Organización Mundial da Saúde declara 1 de decembro como o Día Internacional da loita contra o VIH. Dende 1988 o camiño foi duro de percorrer, desde o descoñecemento que se tiña nun principio, pasando polas perdas humanas que o SIDA levou por diante nos anos 1990, hasta o día de hoxe que cos antirretrovirais a vida destes pacientes mellorou. 

 Nestes últimos tempos perdemos a memoria, dado que o 80% de casos en Galicia derivan das relacións sen protección, sendo a sensibilización, a concienciación e a prevención son as ferramentas que se teñen que por en marcha para que o 48% dos diagnósticos nos sexan tardíos.  

 Mentres desde as institución publicas avogan por esta opción de prevención usando ferramentas de traballo, como son as probas de detección rápida, que as distintas asociacións de Galicia, están levando a cabo.    

 Dende o Concello da Guarda cerran a posibilidade de que a xente nova, teña a posibilidade de facerse a proba, sen moverse do mesmo concello, dado que é unha dos labores que se tiña plantexado facer a través da Asociación Trans Miño LGTBIQ+, se o grupo de goberno encabezado polo Sr. Alcalde, cumpriran a palabra dada en febreiro deste mesmo ano, de que dita asociación ía a ter local onde se puidese desenvolver esta tarefa, entre outras, para este ano 2020. 

 Para a Trans Miño LGTBIQ+, é un ano perdido neste eido, dado que se podería haber feito unha ferramenta de prevención, para que ese 48% non foran diagnósticos tardíos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario