CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS EXHORTA A QUE SE APOIE AO COMERCIO LOCAL
O concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega insta a Concellalía de Comercio a facer unha campaña de estímulo do comercio de proximidade
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal Converxencia Galega, no Concello de A Guarda, vén de facer pública súa reflexión sobre o sector comercial da vila de A Guarda, expresándose do seguinte xeito:
CANDO MÁIS O NECESITAN, ESQUÉCENSE DELES: DEFENDE O COMERCIO LOCAL
Fai poucas datas, o Concello, por medio da Concellalía de Comercio, plantexou un Concurso de Decoración: “AS XANELAS DO NADAL” 2020, unha idea, que de por si, pode ser boa, pero escasa, pouco impactante, e moito máis si analizamos a situación do COVID-19, sendo o sector comercio, un dos máis afectados, e nesta ocasión, non foron tomados en conta.
E bó que se faga todo por implicar os veciños, pero a decoración das rúas e escaparates, pode e debe ser un bó estímulo anímico e potenciador do mantemento e motor do comercio local.
Unha das queixas máis repetidas polos comerciantes, é que da maneira en que noutros anos, foron visitados por persoal municipal para que decoraran seus negocios e aportaran algún diñeiro en metálico como axuda ao alumeado do Nadal, agora, no momento máis crítico, son borrados, son esquecidos pola Administración Local.
Por todo isto dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que é unha necesidade que dende a Concellalía de Comercio, ou dende o Equipo de Goberno local, se analice esta situación, e procedan a ampliar este tipo de campaña, e se desenvolva unha adicada o estímulo do comercio de proximidade, do comercio en xeral. Ainda hai tempo, xa algúns locales da localidade, fixeron súa propia decoración con distintos materiais reciclados que vale a pena ter en conta.
A Guarda, a 11 de decembro do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario