Citas para a renovación do DNI
No mes de xaneiro na Guarda
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves día 17 de decembro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de xaneiro de 2021.
A solicitude de novas citas ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo deberá facerse de xeito preferentemente telefónico no 986 61 00 00 de 9:00 a 14:00h, ou presencialmente na Casa dos Alonso.
As citas son para renovar o DNI o día 18 de xaneiro e recollelo o día 22 de xaneiro de 2021.
Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou de Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario