9 de dec. de 2020

A GUARDA

CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS INTERPELA AO EQUIPO DE GOBERNO MUNICIPAL

O concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega faise eco das reivindicacións veciñais da zona de Muíño de Baixo

Ante o silencio de máis de dous anos e medio, do executivo local do Concello de A Guarda

 

   Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega

 

Infogauda / A Guarda

 Adxuntando copias do escrito presentado por unha veciña de A Guarda, cuxa identidade cónstanos, que actúa en nome propio e a súa vez en representación de outras 36 persoas, residentes na urbanización Muíño de Baixo, deste termo municipal, con expresión dos seus nomes, apelidos, número de D.N.I. e sinatura de cada unha, que manifestan estar en desacordo coa decisión unilateral do Equipo de Goberno do Concello, de retirar uns contedores de lixo que levaban ubicados no lugar máis de 28 anos, incumplindo dese xeito o goberno municipal, o ordeado no Artigo 20, punto 3, do Regulamento de Limpeza Pública, aprobado o 30 de setembro de 2016; o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, vén de facer pública á seguinte interpelación dirixida ao Equipo de Goberno Municipal, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz:

PORQUÉ NON SE DA RESPOSTA AS RECLAMACIÓNS VECIÑAIS? 

 Fai uns días, varios residentes na Urbanización Muíños de Abaixo, da rúa Rosal, fixéronnos chegar unha copia do escrito nº RC-994 do 07.05.2018, referente a retirada dos contenedores do lixo, que de maneira “clandestina” e con nocturnidade fixo naquelas datas o Goberno Municipal do PSOE, sin dar explicacións a ninguén, despois de que levaban nese lugar case 30 anos. Nun lugar de fácil acceso, retirado e non a vista das persoas que pasaban polo lugar. 

 Despois desa “reubicación” que debeu ser moi pensada e estudada, se lle deu toda a visibilidade e o espectáculo que atopan a diario veciños e visitantes, é a ciscallada dos residuos que fan as gaivotas. 

 Un dos factores que máis lles molesta os residentes neste lugar, é a falta de diálogo do Goberno Municipal con eles, e con con outros colectivos, Tal e como facemos referencia ao inicio deste escrito, eles, presentaron o séu o 07.05.2018, tempo suficiente, para que o Sr. Alcalde tuvera un pequeño receso na súa apretada axenda e remitira unha resposta DOUS ANOS E MEDIO DE ESPERA. Por iso se preguntan: Nos merecemos seu silenzo e a súa indiferencia? Non é Vde., Alcalde de tódolos habitantes desta Vila? SEGUIMOS A ESPERA. 

 Debía estar presente na mente de quenes nos gobernan, a axuda e colaboración cos veciños, facilitándolles as súas actividades, tendo en conta neste caso concreto, a presencia de que unha boa parte dos residentes son persoas maiores e moitos con limitacións de movilidade. Situación que tamén se está dando nalgúns lugares próximos a esta urbanización e por causas parecidas. 

 Por todo isto dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que é unha necesidade darlle unha solución a esta problemática e actuar de maneira que os veciños vexan logradas as súas reivindicacións cando son xustas. 

 A Guarda, a 08 de decembro do 2020      

 Celso R. Fariñas 

 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

1 comentario:

  1. Haber si se digna el señor alcalde en darnos respuesta...porque como ciudadana y vecina del pueblo pago mis impuestos regularmente y por parte del ayuntamiento no se ve limpieza ,ni arreglos que necesitamos y muchos estamos en la parte de atrás sin luz y los muros cayéndose y no sigo porque se haría largo .........

    ResponderEliminar