Continúa na vila a programación do Nadal 2020, con teatro, música,... e moito máis
• Cnta con diversas propostas, tendo en conta sempre as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada unha delas, algunhas das cales é preciso realizar inscrición previa.
• Este venres a obra de teatro “Running polo Camiño” chegará ao Centro Cultural. É preciso inscrición previa
• Últimos días para participar no concurso “As Xanelas do Nadal”
Infogauda / A Guarda
Despois da primeira semana de actividades da programación do Nadal 2020 na vila de A Guarda, na que se realizou o acendido do alumeado, o arranque do Mercado de Nadal, a charla de Fernando Rego e o Concerto de Helen & Shanna, chega a segunda semana de programación, con moitas actividades para todas as idades.
O venres 11 de decembro a programación de Nadal prosegue coa representación teatral de “Running polo Camiño”, que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural, persoalmente, ou chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h), ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
O sábado 12 de decembro ás 12:00h chegará o momento da música con “Cantos de Nadal”, un evento no que participarán grupos de pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cantigas tradicionais e de Nadal.
Seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00h a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse dun divertido repertorio especial de Nadal para todos os públicos, con “O Belén de Pulpiño” do Pulpiño Viascón.
O sábado 19 de decembro ás 12:00h nova sesión de “Cantos de Nadal”, un evento no que participarán pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cantigas tradicionais e de Nadal.
Tamén o 19 de decembro ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do espectáculo de maxia “O Cinematólogo”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión, agárdannos neste novo espectáculo do noso mago infantil favorito. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural chamando ao 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
O martes 22, mércores 23 e o xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (22 e 23 en horario: de 17:00 a 20:00h horas e o 24 en horario: de 10:30 a 13:30h).
O derradeiro evento do ano terá lugar no Centro Cultural, o sábado 26 de decembro ás 17:30 horas, co espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, títeres, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. Para asistir a este evento é preciso formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural chamando ao 986 61 18 50(en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acollerá ás 17:30h a obra de teatro infantil “O Crebanoces”, de Larraitz Urruzola. Unha representación para público infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.
Asemade, os “Carteiros do Nadal” regresarán o sábado día 2, luns día 4 e martes día de 5 xaneiro ás rúas da Guarda (2 e 4 en horario de 17:00 a 20:00h e o 5 en horario de 10:30 a 13:30h).
O martes 5 xaneiro terá lugar a visita dos Reis Magos. Súas Maxestades de Oriente farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos e serán colocadas os balcóns e ventás das vivendas da vila, guiarán a Melchor, Gaspar e Baltasar. As luces, de fabricación local, serán distribuídas para que os Reis Magos saiban onde teñen que deixar os agasallos.
Máis actividades na Programación do Nadal 2020 na Guarda
• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente. Do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.
• ALFOMBRA FLORAL DE NADAL
No vestíbulo da Casa dos Alonso. Realizada en colaboración coa Asociación Cultural Alfombras da Guarda. Pódese visitar de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00h.
• AS XANELAS DO NADAL
Concurso de decoración. Participa ata o 11 de decembro. Votacións do 14 ó 21 de decembro no facebook de @culturaguarda
• VIDEOCHAMADAS COS REIS MAGOS
3 e 4 de Xaneiro, pide previamente no Centro Cultural, o teu código de acceso web, antes do 23 de decembro chamando ao teléfono 986 61 18 50 (en horario de 10:00 a 13:00h e de 17:00 a 20:00h) ou no enderezo electrónico culturaguarda@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario