18 de dec. de 2020

A GUARDA

O ALCALDE DE A GUARDA PRESENTA UNHA CUESTIÓN DE CONFIANZA

Vencellada a aprobación dos Orzamentos para o exercicio de 2021

 


Infogauda / A Guarda

 A media mañá deste venres día 18 de decembro de 2020, o alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, dispuxo  que se convoque a próxima sesión extraoridnaria do Pleno da Corporación Municipal, cuxo motivo é «cuestión de confianza».

 A sesión celebrarase o vindeiro mércores día 23 de decembro de 2020 ás 8:30 horas, na Casa do Concello e non admite participación a distancia.

 A orde do día ten como "asuntos da convocatoria", o seguinte punto:

A) Parte resolutiva 1.Expediente 2934/2020. PROPOSTA ALCALDÍA CUESTIÓN DE CONFIANZA ORZAMENTO 2021

Ningún comentario:

Publicar un comentario