18 de dec. de 2020

A GUARDA

Remata o período de solicitar actuacións gratuítas 

Para afectacións na recepción da sinal de TDT  

 

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda, fixo público no día de hoxe o seguinte comunicado:

 "Debido á implantación no municipio do servizo de telefonía móbil de 4ª xeración 4G, este servizo pode producir afectacións na recepción da televisión dixital terrestre (TDT), polo que se abriu un prazo de 6 meses para solicitar actuacións gratuítas por parte dos usuarios para solventar estas incidencias na recepción do sinal TDT.  

 Infórmase que este prazo remata o vindeiro 31 de decembro, actuacións que se levan a cabo dende a entidade Llega800, encargada de xestionar as afectacións e problemas de recepción do sinal de TDT de xeito gratuíto a todos os cidadáns.  

 Calquera dúbida os usuarios poden contactar con Llega800, no teléfono gratuíto 900 833 999 para poder atender e resolver as incidencias".

Ningún comentario:

Publicar un comentario