3 de dec. de 2020

A GUARDA

No Día Internacional das Persoas con Discapacidade  

O Concello de A Guarda participa na campaña “Baixo o mesmo paraugas” 

 

O alcalde e a concelleira de Desenvolvemento local, con membros das asociacións San Xerome e Avelaíña

 

Infogauda / A Guarda

 Este xoves 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida.  Neste 2020, o  lema é "Un día para todos", e quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, nalgún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para iso.  

 


 

 "Baixo o mesmo paraugas", é unha iniciativa que une a máis de 80 entidades sociais de toda Galicia para celebrar conxuntamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e reivindicar os seus dereitos. Este ano dentro da campaña “Baixo o mesmo paraugas” faise un chamamento para que todas as persoas que queiran únanse o 3 de decembro e fáganse unha foto na súa casa cunha mensaxe positiva para as persoas con discapacidade, incluíndo a etiqueta # BaixoOMesmoParaugas e etiquetando @galiciadiversa.  

 Na Guarda Avelaíña e San Xerome, en colaboración co concello e Codelauto, colocaron nos balcóns do consistorio uns paraguas e unha pancarta conmemorativa deste día, símbolo da nosa iniciativa en Galicia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario