DOCUMENTAL SOBRE A GUARDA (c.1989)
Vídeo
Proxecto Socheo / A Guarda
Coa presentación desta gravación dun documental sobre o Concello da Guarda poñemos punto final á mostra do Fondo Xabi Lomba. Este documental foi gravado dunha emisión de Canal 50 e ten moitos indicadores de que foi unha obra videográfica para facer publicidade das potencialidades da Guarda.
Proxecto Socheo está moi agradecido pola colaboración e que confiase en nós para mostrar este material. Aproveitamos a ocasión para reiterar un novo convite á veciñanza da Guarda e da bisbarra para dar a coñecer posibeis materiais audiovisuais que poden ficar polas casas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario