13 de dec. de 2020

TOMIÑO

Trala aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES)

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE, NO CONCELLO DE TOMIÑO DEMANDA ASESORAMENTO Á VECIÑANZA

As concelleiras socialistas piden que o goberno municipal atenda as demandas dos comerciantes de Goián


 

De esq. á der.: Mirta Misa e Violeta De Santiago, concleleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, no Concello de Tomiño

 

Infogauda / Tomiño

 O pasado 23 de novembro celebrouse no Concello de Tomiño un Pleno Extraordinario cuxo único punto na Orde do Día foi a aprobación do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), que contou coa aprobación unánime da Corporación Municipal. 

 Na devandita sesión, a concelleira Mirta Misa, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE,  insistiu en que "as propostas non queden tan só sobre o papel porque considera imprescindible asesorar e informar ás veciñanza na tramitación das axudas para a adaptación das vivendas, implantar puntos de recarga para vehículos eléctricos, transporte  público axeitado, etc. "

 As concelleiras socialistas denuncian, "(...) porque este documento o evidencia, que a día de hoxe o Concello de Tomiño non conta con Plans de Emerxencias contra inundacións, nin contra períodos de seca, nin contra incendios forestais,…, polo que esixen a súa redacción e aprobación de maneira urxente". 

PEONALIZACIÓN DA AVENIDA ORDÓÑEZ, EN GOIÁN

 Por outra banda, as socialistas reuníronse nestes días con parte do tecido comercial perxudicado pola peonalización da Avda. Ordóñez, arteria principal da vila de Goián. Estes comerciantes mostránse radicalmente en contra desta obra ao considerar que os perxudica  enormemente e poñen enriba da mesa alternativas viables e sensatas. "Pedimos que se escoite e se atenda as veciñas e veciños, pois este goberno presume de que "o Concello  escoita", e consideramos que non se pode dar as costas a esta grave problemática que  podería ser a estocada final para Goián", dí a voceira socialista Violeta De Santiago quen lembra que "no citado "PACES" fálase de reduccións de velocidades que é xustamente o que este goberno presentou e prometeu para esta Avenida, na precampaña electoral no Centro Goianés".

Ningún comentario:

Publicar un comentario