16 de nov. de 2020

TOMIÑO

Docentes da Escola de Música de Goián explican esta semana as súas experiencias a colegas europeos  

A iniciativa forma parte do proxecto impulsado polos concellos de Tomiño e Paredes de Coura para promover a formación en valores a través da música   

 

A imaxe corresponde a un concerto dun campamento musical anterior a decraración da pandemia
 

Infogauda / Tomiño

 O Play2 Grow!, o proxecto Erasmus compartido polos Concellos de Paredes de Coura e Tomiño coa Fondazione Maria Ida Viglino per la Cultura Musicale de Aosta (Italia), organiza nesta semana un intercambio de experiencias didácticas entre docentes de diferentes entidades musicais.  

 Entre o luns 16 e o venres 20 de novembro, serán analizadas doce iniciativas consideradas boas prácticas para a transmisión de valores e habilidades a través da música. A Escola de Música de Goián presentará os seus campamentos musicais e as súas iniciativas de promoción da inclusión. Seis docentes, encabezados polo director da Banda de Música, Pedro Villarroel explicarán a outros colegas europeos estas experiencias de divulgación da música entre a xente máis nova e diferentes sectores da sociedade.  

 No encontro formativo, que se desenvolverá a través de Internet debido ás circunstancias da crise sanitaria da Covid-19, participan tamén a Escola de Rock de Paredes de Coura; a Fondazione María Ida Viglino per la cultura musicale; Son de Seu, a experiencia de música Folk de Rodrigo Romaní; Sol Music Network, unha rede global de produción e promoción musical; os Estudos Mans da Fundación Paideia; o estudo Bonobó ou A música da reciclaxe, unha iniciativa de Ecoembes.  

 O proxecto Play to Grow, iniciado a finais de 2019, continuará ata o verán de  2021 desenvolvendo achegas en canto a metodoloxía e formación curricular por medio do Play2 Grow HUB, unha ferramenta de intercambio de coñecementos colaborativos para a aprendizaxe e a interacción en habilidades chave a través da música:. No verán de 2021 celebraranse en Paredes de Coura e Tomiño senllos encontros entre alumnado das escolas participantes.  

 Pódese consultar o programa completo en: https://play2grow.eu/2020/11/13/train-the-trainers-event-online-from-16th-to-20th-of-november/

Ningún comentario:

Publicar un comentario