16 de nov. de 2020

O ROSAL

O Concello do Rosal saca a licitación as obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos  

As empresas terán ata o vindeiro 3 de decembro para presentar ofertas 

  

                    Infografía do aspecto final que terá ecoparque Campo Novo

 

Infogauda / O Rosal

 O Concello do Rosal vén de aprobar fai uns días en Xunta de Goberno o inicio da licitación das obras do ecoparque Campo Novo, en Viso dos Eidos, que suporá a transformación da zona nun espazo de convivencia para a veciñanza e que servirá para poñer en valor o patrimonio etnográfico que hai nesa contorna. As empresas interesadas xa dispoñen de toda a documentación da licitación na Plataforma de Contratación do Sector Público e terán ata o vindeiro 3 de decembro para presentar ofertas.  

 Este proxecto, redactado pola arquitecta María Fandiño Iglesias, contempla a remodelación da zona empregando técnicas naturais e tradicionais e incorporando especies autóctonas relacionadas coa auga dada a importancia que este elemento ten na zona. O período previsto de execución é de tres meses.  

 Para a creación deste ecoparque contarase cun orzamento total de 93.000 euros financiados polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e con fondos propios do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario