16 de nov. de 2020

LOUREZA (OIA)

O Concello de Oia renova a cuberta das Escolas de Loureza     

A institución municipal acondicionará a contorna do edificio no presente mandato  

 

                            As antigas Escolas de Loureza xa teñen a cuberta totalmente renovada

 

Infogauda / Loureza (Oia)

 O Concello de Oia vén de renovar a cuberta das antigas Escolas de Loureza. A actuación supuxo un investimento de 24.422,29 euros e foi financiado ao 100% a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra de 2020 (liña 1, investimentos).  

 Esta obra, que ten por obxectivo corrixir o mal estado no que se atopaba a cuberta, supón dar continuidade aos traballos de mantemento e conservación realizados o ano pasado nestas instalacións. En 2019, e tamén ao abeiro do Plan Concellos, este equipamento municipal foi obxecto de diversas actuacións de reforma e mellora da accesibilidade por valor de 48.356,42 euros.  

 Todos estes traballos permitiron que o inmoble das antigas Escolas de Loureza quedase totalmente habilitado para o desenvolvemento de actividades socioculturais como poden ser obradoiros, charlas, accións formativas, etc.  

 O Equipo de Goberno Municipal do Concello de Oia ten previsto seguir investindo na mellora deste equipamento en próximos exercicios. Segundo indica a alcaldesa, Cristina Correa Pombal, no presente mandato tamén se abordará o acondicionamento da contorna do edificio das Escolas de Loureza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario