O Concello de A Guarda dará coñecer esta semana o Plan de Compostaxe
Con dúas charlas que terán lugar os días 18 e 19 de novembro
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, dará a coñecer o Plan de Compostaxe Municipal á cidadanía guardesa con dúas charlas, que terán lugar o mércores día 18 de novembro ás 17:00h no local da Entidade Local Menor de Camposancos e o xoves día 19 de novembro ás 10:00h no Salón de Plenos do Concello de A Guarda.
"O obxectivo destas charlas informativas, abertas a todo o público, é o de dar a coñecer o Plan de Compostaxe Municipal, que está a poñer en marcha o Concello de A Guarda. Para iso, explicarase que é a compostaxe e como se fai, ademais de resolver dúbidas e cuestións e darlles a aqueles que queiran, a oportunidade para solicitar un composteiro doméstico para poder avanzar nos obxectivos de preparación para a reutilización e reciclado que marca a normativa tanto europea como estatal", indican desde a Concellería de Medio Ambiente .
Para asegurar o cumprimento das medidas de hixiene e seguridade vixentes é preciso realizar unha inscrición previa para ambas charlas, ben a través do enderezo electrónico medioambiente@aguarda.es ou a través do teléfono 986 610 000.
Ningún comentario:
Publicar un comentario