Mercado de Nadal 2020 na vila
Ampliado ata este xoves o prazo para inscribirse
Infogauda / A Guarda
Unha vez máis, o Concello de A Guarda vén de lembrar que “organiza o Mercado de Nadal do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada ao Nadal.
Este mercado está destinado a artesáns e produtores coma por exemplo produtos de horta ou alimentación. Tamén pode participar o comercio local e do noso entorno.
Os interesados poden consultar as bases de participación e ter en conta que o prazo para a inscrición foi ampliado ata este xoves día 26 de novembro.
O procedemento é a través do rexistro municipal presentando unha instancia xeral coa indicación de “Mercado de Nadal” cos datos de contacto, descrición dos produtos á venda e copia da documentación en vigor.
O número de postos é reducido polo que se vai establecer unhas quendas dependendo do número total de interesados. O reparto destas quendas realizarase por sorteo entre os profesionais que cumpran os requisitos solicitados.”
Ningún comentario:
Publicar un comentario