O Concello fixo pública aonvocatoria pública de axudas municipais individuais a deportistas guardeses
• Os deportistas interesados en optar a elas teñen un prazo de 20 días hábiles dende o día seguinte a data (16 novembro de 2020), de publicación do anuncio no BOPPO.
• A concesión das axudas realizarase polo sistema de concorrencia competitiva.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda aprobou as axudas a deportistas individuais da vila, con cargo a unha partida do orzamento municipal por importe de 3.000€.
A convocatoria de concesión das devanditas axudas a deportistas guardeses para o ano 2020 polo sistema de concorrencia competitiva, conta coas correspondentes bases, que poden descargarse na web municipal www.aguarda.es, no Boletín Oficial de Pontevedra e tamén poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello.
Estas axudas teñen por obxecto contribuir a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros conceptos, dos deportistas guardeses máis destacados.
Establécese un prazo de presentación das solicitudes de vinte días hábiles dende o día seguinte á data de publicación (16 novembro de 2020) desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse a persoa solicitante, no prazo improrrogable de dez días hábiles, que achegue a documentación omitida ou modifique no seu caso a presentada se resultase procedente. Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado achegue a documentación solicitada entenderase que renuncia á axuda solicitada.
Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través da web oficial do Concello de A Guarda e do taboleiro de anuncios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario