O Concello conmemora o 25N coa exposición “Sempre Vivas”
• Poderá visitarse na Casa dos Alonso, do 25 de novembro ao 4 de decembro de 9:00h a 15:00h .
• Dentro da campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, na recepción do Concello repartirase material totalmente de balde, de 8:00 a 15:00 h., de luns a venres.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller, organiza a exposición “Sempre Vivas”, para conmemorar o 25 de novembro, Día contra a Violencia de Xénero.
Nesta exposición van a participar todos os centros educativos da localidade, a Asociación Avelaíña, o Centro San Xerome e o Obradoiro de Emprego de A Guarda, e poderá visitarse a Casa dos Alonso, do 25 de novembro ao 4 de decembro, de 9:00h a 15:00h.
"Queremos manter na nosa lembranza a todas as mulleres ás que lle despoxaron os soños, os recordos e o seu propio alento. Todas as vidas que alguén decidiu que non merecían continuar e apagaron pola forza.
O obxectivo desta exposición é homenaxear ás vítimas da violencia de xénero, para que non sexan borradas do mapa de balde. En certo xeito, queremos volver a darlle vida, enchendo as súas siluetas de cor, de mensaxes, de alento, ... para que a súa lembranza permaneza en nós e nos motive a reflexionar sobre o xeito en que nos achegamos á lacra da violencia machista como sociedade, pondo por bandeira a sororidade e a afouteza para combater e denunciar estas situacións. Queremos facer partícipes ás crianzas, porque elas son o futuro, e unha educación a favor da igualdade entre todas as persoas sen distinción de xénero ou condición é o comezo da andaina", indican desde a Concellería de Igualdade..
Campaña En Negro contra as Violencias
A Concellería de Igualdade do Concello de A Guarda, con motivo da Conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, únese un ano máis á campaña de sensibilización En Negro contra as Violencias, coa que se pretende tinguir de negro as vilas e cidades galegas.
Desde o Concello, ponse a disposición da cidadanía, establecementos comerciais e asociacións, de forma totalmente gratuíta, cartelería, camisetas e mochilas e xa destinado especificamente ao sector da hostalaría, pousavasos e panos para que do 17 ao 25 de novembro, poidan vestir as tendas, comercios, empresas, bares, postos do mercado, etc. de negro, así coma os maniquís, manteis dos restaurantes e ás/ós propias/os traballadoras/es.
Este ano como novidade repartiranse memorias USB e marcapáxinas para a comunidade educativa que vai participar na exposición Sempre Vivas que se inaugurará o propio 25 de novembro na Casa do Concello.
Para participar nesta campaña este ano, dadas as circunstancias actuais, farase entrega do material na recepción do Concello, en horario de 8:00 a 15:00 de luns a venres. Entregarase un exemplar de cada material a todas aquelas persoas que estean interesadas totalmente de balde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario