16 de nov. de 2020

CULTURA

ETNOGRAFÍA

DENDE A BARCA TRADICIONAL DO MIÑO (RESISTIMOS)

 

                                        Anxo Moure e a barca laranxa

 Anxo Moure Mosquera* / Chantada (Lugo)

 Boas barqueiras e barqueiros, aquí dende o Miño, son Anxo Moure e sigo remando e remando. Voltamos a botar a barca de paso e ademais de dar paseos facemos propostas audiovisuais de divulgación. Vai aqui a ultima que fixemos O paso de barca da barqueira de Belesar, con Davide Salvado. 

 Dicirvos que tamén o director de cinema Edu Lavandeira fixo unha curtametraxe - "La pescadora" - coa nosa barca de paso ou da pousa que gañou o primeiro premio no Silent Film Festival de Brooklin. 

 

                               Catro tipo de embarcacións fluviais galegas
 

 Tamén sigo coa Confederacion Hidrográfica coas barcas rodantes (a gamela guardesa, a barca da pousa e o batuxo) coa que estivemos no XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, celebrado en xullo de 2019 en A Guarda, e e editamos o libro "A música da auga" con Servando Barreiro, co que tamén estiven na Guarda. 

 Saúde, mar e río.

 Vídeo "A barqueira do Miño".

 

* Chantada, 1963. Escritor, contacontos, ecopacifista,... 

Ningún comentario:

Publicar un comentario