14 de nov. de 2020

A GUARDA

ANABAM VÉN DE PUBLICAR UN NOVO NÚMERO DA SÚA REVISTA CARRIZAL  

Correspondente aos meses de novembro e decembro de 2020

 

                      Portada do nº 4 da Revista Carrizal, que edita ANABAM

 

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Da man de Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista “Baixo MIÑO” (ANABAM), vimos de receber na Redacción de Infogauda. Un espazo de información transfronteiriza,  a Revista Carrizal nº 4 (Época II), correspondente aos meses de novembro e decembro de 2020, do cal o cofundador de ANABAM é editor, coordinador e colaborador.

 Cunha portada na que se reproduce unha fotografía da autoría do fotógrafo rosaleiro Luis Dorado Senra, activo membro de ANABAM, na que figuran dous exemplares de eiruga de Hyles tithymali sobre leiterana (Euphorbia paralias); a Revista Carrizal – publicación que conta cunha subvención económica do Concello de A Guarda – recolle nas súas 42 páxinas impresas a toda cor, en papel reciclado, as seguintes colaboracións, e informacións: 

 Poboado galaico-romano de Santa Trega II, de Antón Ferreira Lorenzo. 

 Varamentos de cetáceos, de Alfredo López Fernández. 

 Uces e carrascos da Serra da Groba, de Afonso Salvador Rodríguez González. 

 Esquío vermello. A piques de desparecer da bisbarra?, de de Agustín Ferreira Lorenzo. 

 Escaravellos do Baixo Miño, de Javier Blanco Souto. Proxecto ANABAM atropelos, de Xabi Pin. 

 Nymphoides peltata. Unha das xoias do Baixo Miño, de Agustín Ferreira Lorenzo. 

 A minería de litio ameaza á Serra D`Arga, de Agustín Ferreira Lorenzo. 

 Rexistro de cetáceos na costa do Baixo Miño. De xaneiro a outubro de 2020. 

 Nova Xunta Directiva de ANABAM. 

 Visto nas redes. 

 Fenoloxía. 

 Fauna rescatada. 

 Diario xuño-xullo. 

 Rafael Areses Vidal.

  Na Revista Carrizal tamén figura á composición da nova Xunta Directiva de ANABAM, medios de contacto, importes das cuotas de socios/as e actividades previstas.

 A Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), con sede na rúa Calvario, nº 44 - baixo, no barrio guardés de Ribadavila, conmemora neste 2020 seu XXXV aniversario de labor medioambiental,  conservando, divulgando, estudando, defendendo, observando e protexendo o patrimonio natural, etnográfico e cultural do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués.

 Pola súa traxectoria, compromiso cos seus fins fundacionais e intenso labor desenvolvido, a Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM) é unha entidade respectada, a cuxos membros desexámoslles longa vida e moito ánimo, para continuar co seu impagable esforzo, que en boa hora debera contar co público recoñecemento institucional, porque ben merecido téñeno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario