14 de nov. de 2020

A GUARDA

LEMBRANZA DO DR. JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI 

No primeiro cabodano do seu pasamento 

 


                                   Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui

 

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde a data do seu pasamento, acontecida o 15 de novembro de 2019, ata o día de hoxe, ténnos vido á nosa mente – con persistente reiteración -, á figura humana e profesional do Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui, popularmente coñecido como Dr. Lemos e mesmo como Tito Lemos, segundo fose o ámeto no que fose mencionado.   

 Desde seu prematuro pasamento, moitas foron as persoas que sentimos seu tránsito deica o alén. En todo caso, agás múltiples testemuñas de pésame, obituarios e algunha esquela nos xornais, non temos coñecemento de que se fixera algo máis na lembranza de quen en vida tanta adicación brindáranos.    

 Probablemente ainda non asumimos a súa perda. De ser así, é comprensible que chegado este primeiro cabodano, ainda non saibamos que facer. A verdade é que persoalmente temos desde fai tempo, algunha proposta que mantemos na intimidade do noso pensamento ata que chegado o momento oportuno, poidamos, se procede, expoñela. É moi posible, que a nosa idea tamén a tiveran outras persoas. Este cronista non o sabe. Cecais porque non houbo, que nós saibamos, quen pulsase do mellor xeito posible a opinión pública.   

 Poida que falar de propostas podería – sen pretendelo – non ser o camiño axeitado para o fin último que desexamos. En todo caso, se non se constituiu ata agora, propomos á creación dunha comisión organizadora, contando previamente coa súa familia máis directa, e se fose posible, de xeito coordinado, tentar de levar a bó termo unha homenaxe póstuma ao Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui.   

 Esa é a nosa suxerencia. Entendemos que a cidadanía, e por suposto a institución municipal de A Guarda, debéramos dedicarlle siquera un pouco do tempo que nos vén dado, para ir trazando un bosquexo para levar a bó termo a fin mencionada. 

4 comentarios:

  1. Teníamos que hacer le una homenaje al mejor médico y amigo Lemos . Fue uno de los mejores.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acuerdo.
    Tito se merece más que un homenaje en nuestro pueblo.

    ResponderEliminar
  3. Sen dùbida algunha! Merece cando menos esa homenaxe e por que non o nome dunha rúa!!!!

    ResponderEliminar
  4. Un inmenso cuadro pintado ou foto da sua persoa na clínica para non ter q sentir tristeza sin a sua presencia en ela ....sería mui forte pero para min sería tranquilizadora e reconfortante saber que seguimos ca sua presencia e baixo a sus mirada atenta e de curiosidad....e axuda

    ResponderEliminar