4 de nov. de 2020

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ PLENO EXTRAORDINARIO E URXENTE 

Este xoves día 5 de novembro, ás 8:30 horas na Casa do Concello

 

De esq. a der.: Rafael Álvarez Martínez, Antonio Lomba Baz e Mª Elena Baz Rodríguez, o pasado día 31 de agosto

 

Infogauda / A Guarda 

 O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, vén de convocar no día de hoxe aos membros da Corporación Municipal, para á celebración dunha sesión extraordinaria e urxente, que terá lugar este xoves día 5 de novembro, ás 8:30 horas, na Casa do Concello. 

 Como motivo do tipo da convocatoria, na mesma faise constar: «Necesidade urxente de aprobación de ordenanza para a súa entrada en vigor en xaneiro de 2021». 

 Os asuntos da convocatoria son os seguintes:

1. Xustificación da urxencia 

2. Expediente 2232/2020. TOMA POSESIÓN CONCELLEIRO RAFAEL ÁLVAREZ MARTÍNEZ 

3. Expediente 2524/2020. MODIFICACIÓN ORDENANZA FISCAL TAXA RECOLLIDA DE LIXO

 Compre salientar que coa súa toma de posesión como concelleiro, Rafael Álvarez Martínez, formalizarase a dimisión de María Elena Baz Rodríguez, que na actualidade ostentaba  as concellalías delegadas de Turismo, Conservatorio de Música, Festas e Festexos Populares, e que como lembrarán os lectores deste xornal dixital transfronteirizo, a finais de agosto deste ano presentara a renuncia a súa acta de edil no Concello de A Guarda por motivos persoais, como así llo comunicara a súa organización política o venres día 28 de agosto de 2020.

 Rafael Álvarez Martínez, que ocupaba o sexto posto na candidatura que o PSdeG-PSOE presentara as Eleccións Municipais do 26 de maio de 2019 no Concello de A Guarda, é membro confundador e xerente da Asociación Avelaíña, entidade sen ánemo de lucro creada de 1997, da cal forman parte familiares e usuarios con enfermidades mentais, coidadores, voluntarios, así como socios colaboradores.

 Álvarez Martínez, natural de A Guarda e veciño de Camposancos, foi alcalde pedáneo da Entidad Local Menor de Camposancos, polo PSdeG-PSOE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario