31 de ago. de 2020

A GUARDA

Mª ELENA BAZ RODRÍGUEZ, DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE, PRESENTOU SÚA RENUNCIA COMO CONCELLEIRA

Seu escano será ocupado por Rafael Álvarez Martínez

De esq. a der.: Rafael Álvarez Martínez, Antonio Lomba Baz e Mª Elena Baz Rodríguez 

Infogauda / A Guarda

 Mediante unha nota de prensa recibida este luns día 31 de agosto de 2020, na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, a tenente de alcalde do Concello de A Guarda e a súa vez, secretaria xeral da Agrupación Socialista de A Guarda, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, fai público o seguinte:

 "A concelleira  Mª Elena Baz Rodríguez acaba de presentar escrito de renuncia á súa acta de concelleira no concello da Guarda. Elena Baz ostentaba as responsabilidades de Turismo,  Festas e Festexos Populares e Conservatorio de Música.  

 Esta decisión, que foi adoptada despois dun proceso de maduración e que se produce por motivos personais, trasladouna o pasado venres  28 de agosto á súa organización política. Os militantes do Partido Socialista na Guarda agradeceron a Elena Baz o excelente traballo desenvolvido durante estes últimos 5 anos, destacando pola  súa  entrega e adicación  aos intereses dos veciños e veciñas da localidade. Elena Baz tamén trasladou aos militantes socialistas que seguirá formando parte da executiva do Partido Socialista na Guarda.  

 A dimisión de Elena Baz se formalizará no pleno ordinario do mes de setembro e o seu cargo será asumido  por Rafa Alvarez Martínez que ocupaba o sexto lugar na lista que presentou o PSdeG-PSOE nas pasadas eleccións.  

 O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quere destacar a gran implicación que Elena lle prestou ao concello da Guarda e lle desexa o mellor tanto na súa vida persoal como profesional, “é unha muller moi nova e terá un percorrido importante na política”.

  A Guarda, 31 de agosto de 2020".

Ningún comentario:

Publicar un comentario