5 de out. de 2020

TUI

A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA EN PONTEVEDRA, MARÍA LUISA PIÑEIRO, REALIZA UNHA VISITA INSTITUCIONAL A TUI 

· A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Enrique Cabaleiro así como aos representantes da corporación, as demandas deste municipio relativas especialmente a infraestruturas viarias e educativas 

 

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, co alcalde e membros do Equipo de Goberno Municipal do Concello de Tui


 Infogauda / Tui 

 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, María Luisa Piñeiro Arco, continúa coa rolda de visitas institucionais, e este luns día 5 de outubro mantivo un encontro co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, así como cos diferentes representantes da corporación municipal, cos que analizou as principais preocupacións do municipio en relación á actividade da administración autonómica.  

 O rexedor agradeceu a visita da nova delegada territorial e insistiu en valorar moi positivamente o feito de que se trate dunha persoa que procede do mundo municipal, en especial, dunha muller que foi alcaldesa. 

 Enrique Cabaleiro trasladou a Luisa Piñeiro a súa satisfacción polas grandes obras executadas no seu municipio pola Xunta de Galicia, apostando por continuar na mesma liña de colaboración e diálogo. 

 Entre os principais temas que se trataron durante o encontro, atopáronse cuestións como a preocupación económica do municipio pola situación da Covid-19, en especial en relación á fronteira, así como a importante baixada no número de peregrinos que sufriu este ano o concello pola situación da pandemia.  

 A construción dun novo CEIP en Pazo de Reis foi outro dos temas postos sobre a mesa. Neste senso, dende o concello trasladáronlle a Luisa Piñeiro que se está á espera da posta en disposición do municipio dos terreos sobre os que se vai a instalar o novo centro e que pertencen a unha entidade menor que ten que rematar de regularizar a situación catastral dos mesmos.  

 María Luisa Piñeiro tamén recolleu a demanda do concello de continuar a traballar en diferentes temas relativos a infraestruturas viarias, como é o acceso ao polígono de Areas ou o futuro inicio das obras da nova rotonda na estrada que une este concello con Tomiño e Tebra.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario