30 de out. de 2020

O ROSAL

ESTE SAMAÍN… COMPOSTA A TÚA CABAZA!  

Dádelle ás cabazas o enterro que se merecen levándoas ao centro de compostaxe comunitaria do concello 


Concello do Rosal

 Un ano máis volve ao Rosal o ‘Composta a túa cabaza!’. O Samaín non estaría completo sen darlle ás cabazas o enterro que se merecen. Pechade o ciclo e traede as vosas terroríficas creacións ao centro de compostaxe comunitaria do concello, situado ao lado do Pequelandia.  

Os pasos son os seguintes:      

· Retira os adornos plásticos, pinturas, cirios… das cabazas. Só debe deixarse a parte orgánica.     

· Depositade as vosas creacións no saco disposto ao lado do composteiro.     

· Listo! O resto do ritual será completado polo mestre composteiro.  

Animádevos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario