30 de out. de 2020

A GUARDA

TRANS MIÑO LGTBIQ+, DENUNCIA A DESIDIA POR PARTE DO EQUIPO DE GOBERNO DO CONCELLO DA GUARDA HACIA AS PERSOAS LGTBIQ+

 

Xermán Cordero, na súa intervención pública de hoxe pola mañá, na Praza do Reló, diante da Casa do Concello de A Guarda

Foto: A.T.M.
 

 Infogauda / A Guarda

 Convocada pola Asociación Trans Miño e a sección Trans Miño LGTBIQ+, hoxe tivo lugar na Praza do Reló, un acto de información cidadá, onde se expuxo "o pouco apoio e a desidia ofrecida polo alcalde do Concello da Guarda cara a está asociación", segundo afirmou Xermán Cordero Verde, presidente de Trans Miño.

 Xermán Cordero referiu a este xornal dixital transfronteirizo que "o motivo de dito acto, foi debido a que dende o pasado mes de febreiro, a concelleira de Igualdade, xunto coa técnica de xuventude e asociacións que usan as instalacións do antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde, fomos chamadas a manter unha xuntanza para redefinir os locais, debido a que había asociacións que ocupan o espazo que vai ser destinado para a nova gardaría municipal. E en dita reunión se ofreceu un espazo para dita asociación, espazo que a día de hoxe non poden dispor del".  

 Neste acto o presidente Trans Miño LGTBIQ+, informou tamén que levan esperando "a que o concello lle facilite ese local, dende o mes de xuño, debido a que tiñan que facer unha serie de acondicionamentos no local, acondicionamentos que aínda non se deron, debido a que lle colleu o confinamento do Covid-19, pero o confinamento xa rematou", e segundo puxo de manifesto aínda non teñen "noticias da cesión de dito local, que estaría destinado para levar a cabo diferentes actividades da asociación, como por exemplo a oficina de atención a vítimas de LGTBIfobia, creación do punto para ofrecer as probas rápidas de detección do VIH, oficina información de prevención de enfermidades de transmisión sexual, entre outros proxectos".  

 Rematou o acto, demandándolle ao alcalde e a concelleira de Igualdade, "unha xuntanza onde lle aclarase se a cesión do local ía a ter lugar ou non".   

 Pechou o acto con un recordatorio moi concreto: "Na concienciación dos guardeses e guardesas, como foi a loita nos anos 90 coa fundación de Érguete Baixo Miño, dicindo que se nos 90 era necesaria a creación de Érguete Baixo Miño, no 2020 e necesario a axuda por parte da administración local as persoas lesbianas, gays, bisexuais, transexuais, intersexuais e queer". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario