O Alivio continúa este mércores con trucos de maxia pola igualdade
Eli e Ian traen á Praza do Seixo (19 h) o seu espectáculo ‘Somos iguais na maxia’ Reserva previa de entrada no 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal
O dúo artístico Eli e Ian
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño
Maxia para loitar pola igualdade e contra a violencia de xénero. Con esa idea nace o espectáculo ‘Somos iguais na maxia’, unha actividade de animación para todos os públicos coa que o dúo artístico Eli e Ian chegan este mércores 9, a partir das 19.00 horas, a Praza do Seixo, dentro da programación especial do Alivio, organizada polo Concello de Tomiño.
Con este espectáculo, os magos transmitirán a través dos seus trucos e dun xeito ameno e metafórico a importancia da igualdade, da educación para rachar cos estereotipos sexistas ou de ter valores. Diversión e entretemento cun importante fondo.
Estableceranse todos os protocolos de prevención para garantir a seguridade de todas as persoas asistentes.
Como todas as actividades programadas ao abeiro do Alivio, o espectáculo será balde. É necesario reservar entrada previamente chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario