8 de set. de 2020

A GUARDA

O Concello lanza unha nova campaña de concienciación sobre limpeza viaria 

Dirixida ás persoas que posúen cans



 Infogauda / A Guarda

 "Menos cacas, menos pises. Máis rúas limpas. Controla as deposicións dos teus peludos". Esa é á mensaxe que a Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda vén de lanzar. Trátase dunha nova campaña de concienciación sobre limpeza viaria dirixida as persoas que posúen animais de compañía, e de xeito máis concreto cans. A iniciativa contará con dúas sesións presenciais nas que se informará á cidadanía e se entregarán botellas de xeito gratuíto. 

 "O obxectivo da campaña é - segundo indican desde o Concello de A Guarda - visibilizar o problema e intentar que a xente sexa responsable, de xeito que cando baixe a pasear ao can, ademais das bolsiñas paras as cacas, leven tamén unhas botellas con auga e vinagre para diluír as mexadas nas rúas e espazos públicos. 

 Esta campaña chama a concienciar á cidadanía que ten cans, do problema de limpeza viaria que supón as mexadas destes animais, indicándolles que se deberían priorizar zonas verdes e reixas de drenaxe para que os cans fagan as súas necesidades nestes espazos". 

 Este mércores día 9 de setembro a partires das 11:00h a tenente de alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, e a técnica de Medio Ambiente do Concello visitarán varias clínicas veterinarias e tendas de animais da localidade para dar a coñecer a campaña, repartindo follas informativas a pé de rúa. 

 Entre as accións que se van a levar a cabo destaca o reparto de material, que se fará en dúas sesións presenciais (respectando as medidas de distanciamento e os protocolos sanitarios pola Covid-19) nas que as persoas propietarias de cans, aportando a cartilla de vacinación ou o pasaporte para animais de compañía, recibirán de xeito gratuíto unha botella plegable e información sobre esta campaña. 

 O reparto do material terá lugar o martes día 15 e xoves día 17 de setembro ás 10:00h no Salón de Plenos na Casa dos Alonso. 

 A campaña inclúe ademais a realización de follas e carteis informativos para os propietarios de cans.

Ningún comentario:

Publicar un comentario