9 de set. de 2020

LABORAL



11ª XORNADA DE  LOITA  DO PERSOAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL RECLAMANDO NEGOCIACIÓN

Van xa 11 semanas sen noticias da Consellería de Política Social que se nega a atender a negociar as condicións de traballo do persoal laboral. 
Pedimos á Conselleira de Política Social, Fabiola García, recentemente confirmada no seu cargo, que atenda ás reivindicacións do persoal da súa Consellería, sentándose  a negociar condicións de traballo, tanto do persoal dos centros de atención da propia Consellería como do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar.
Para as organizacións sindicais convocantes é unha cuestión de xustiza e de necesidade urxente, porque os centros e o persoal ten que estar preparado ante unha nova onda vírica e porque non se pode seguir a sobrecargar así abusando dun servizo ao límite
Demandamos a apertura dunha mesa de negociación para tratar :
A DEVOLUCIÓN DOS ARTIGOS DO CONVENIO RECORTADOS NO 2012

A DEFENSA DUNS SERVIZOS SOCIAIS PÚBLICOS, DIGNOS E DE CALIDADE

INCREMENTO DE PRAZAS PÚBLICAS DE XESTIÓN DIRECTA

FIN DA PRECARIEDADE NO SECTOR PÚBLICO

  A TRANSFORMACIÓN DOS CONTRATOS PARCIAIS A XORNADA COMPLETA 

Para reclamalo o persoal de todos os centros realizarán concentración diante dos seus centros de traballo nesta 11ª xornada de loita este xoves  10 de setembro.

Data: Xoves, 10 de setembro de 2020

Hora: Entre as 11:00 e as 11:30 horas
(Aínda que as concentracións se van a realizar a partir das 11 da maña nos centros de toda Galicia, sinalamos as que convocamos como referencia para medios de comunicación) 


       Ferrol: Residencia Maiores Caranza

       Coruña:Residencia Maiores Oleiros, Torrente Ballester e CAPD Coruña

       Santiago: Residencia de Maiores de Volta do Castro (CONCENTRACIÓN NACIONAL)

       Lugo: Residencia de Maiores As Gándaras. CAPD Sarria

       Ourense: Residencia de Maiores Nosa Sra. dos Miragres (Cabeza de Vaca)

       Pontevedra: Residencia de Maiores Campolongo

   •       Vigo: CAPD Chapela e o CARPD Vigo l

Ningún comentario:

Publicar un comentario