A Xunta de Galicia mellora o patrimonio da Ribeira Sacra coa rehabilitación do Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo por preto de 200.000 euros
Vense de publicar a licitación dos traballos que terán un prazo máximo de execución de tres meses e actuarán sobre humidades e problemas de filtracións
O Goberno galego continúa traballando na posta en valor deste territorio, que encara a recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade no 2021
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade asinou un convenio de colaboración coa Diócese de Ourense e co Concello de Xunqueira de Espadanedo
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A Xunta de Galicia vén publicar a
licitación das obras de restauración e conservación do Mosteiro de
Xunqueira de Espadanedo por 188.355 euros, unhas actuacións
especialmente importantes para afondar na posta en valor do patrimonio
cultural da Ribeira Sacra, que encara a recta final para ser declarada
Patrimonio da Humanidade no 2021.
O proxecto, cofinanciado con
fondos FEDER, permitirá mellorar as condicións de conservación de
elementos singulares do patrimonio cultural como este mosteiro,
protexido como Ben de Interese Cultural (BIC) e que acolle, ademais, a
oficina de turismo do Concello, para o que se realizaron diferentes
actuacións nos últimos anos.
Na actualidade existen algúns
problemas de conservación vinculados fundamentalmente á entrada de auga e
convén revisar algunhas solucións construtivas que se incorporaron
recentemente. Por iso, os traballos incluirán, entre outras, diferentes
actuacións no acabado das escaleiras da zona porticada da oficina de
turismo e tamén na súa fachada norte. Tamén se prevé actuar nas fachadas
norte e leste da igrexa, afectadas pola humidade.
Igualmente,
actuarase sobre o adro da igrexa, revisando as drenaxes e descubrindo as
zonas enterradas da fachada dando un novo tratamento axardinado. Tamén
se limpará o pavimento de vexetación e se investigarán as canalizacións
históricas e recuperaranse na medida do posible o recorrido natural das
escorrentías, reducindo a súa entrada na igrexa.
Igrexa e biblioteca
Na
zona acristalada do claustro substituiranse os vidros rotos e
readaptaranse as portas de vidro existentes adoptando unha solución que
permite a ventilación pola zona superior. Tamén se revisará a cuberta da
igrexa, na fachada da biblioteca substituirase o revestimento,
recuperarase a viga policromada do coro e faranse actuacións de
restauración para a súa conservación.
Para poder realizar estes
traballos, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade asinou un
convenio de colaboración coa Diócese de Ourense e co Concello de
Xunqueira de Espadanedo para a realización das obras de restauración e
conservación do mosteiro. Os traballos terán un prazo máximo de
execución de tres meses.
Un millón de euros na zona
Estas
actuacións enmárcanse no compromiso do Goberno autonómico por avanzar na
posta en valor do patrimonio cultural galego. Neste caso, actúase en
concreto dun ben que forma parte do extenso patrimonio cultural da
Ribeira Sacra. Co obxectivo de conservar este legado, a Xunta ten
abertos varios procesos de licitación para a conservación e restauración
de inmobles como a igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil, as igrexas
de San Vicenzo de Pombeiro ou de Santo Estevo de Ribas do Miño, entre
outros, e que en conxunto aproximanse ao millón de euros.
Alta Idade Media
As
orixes do Mosteiro da Xunqueira de Espadanedo sitúanse nun cenobio
familiar da Alta Idade Media. Amparado polo veciño Mosteiro de Santa
María de Montederramo pásase ao císter a finais do século XII comezando a
construción da fábrica medieval entre finais do século XII e inicios do
XIII. É un cenobio cisterciense formado por igrexa, mosteiro e
claustro. A igrexa ten planta basilical e carece de cruceiro.
No
interior destaca entre o mobiliario litúrxico, o altar de pedra de
estilo románico e o retablo maior que narra a infancia de Xesús. En
canto ás dependencias monásticas, concéntranse de forma compacta en
torno ao patio. Pódese falar de dúas fases construtivas históricas, unha
inicial de tempos medievais e da que é testemuño a igrexa e outra
posterior de Idade Moderna á que se adscribe o resto do conxunto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario