O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu a presentación de ‘Memorias da melancolía’ no Museo Belas Artes da Coruña
A Xunta de Galicia impulsa a difusión dun disco para conectar a obra literaria de María Teresa León co legado vital de Maruxa Seoane
O CD compleméntase cos concertos de Samuel Diz e Benxamín Otero na Fundación Granell e no Museo Belas Artes da Coruña
O director xeral de Políticas Culturais,
presentou hoxe no Museo Belas Artes da Coruña os
concertos para difundir o proxecto Memorias da melancolía
Foto: X.G.
Infogauda / A Coruña
O director xeral de Políticas Culturais,
Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe no Museo Belas Artes da Coruña os
concertos para difundir o proxecto Memorias da melancolía, unha
iniciativa recollida no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 cuxo
obxectivo é conectar a obra literaria de María Teresa León co legado
vital de Maruxa Seoane a través de actuacións musicais.
O CD
presentado recolle composicións interpretadas polo guitarrista Samuel
Diz xunto a artistas como Isabel Villanueva, viola; Javier Riba,
guitarra, e Jonatan Alvarado, tenor. Tal e como explicou o representante
da Xunta de Galicia, nestas actuacións empregouse a única copia da
guitarra orixinal de Lorca. Ademais, a meirande dos temas son inéditos e
están centrados en Arxentina, país ao que chegaron María Teresa León e
Maruxa Seoane durante o exilio da Guerra Civil española.
Como
complemento ao disco, o dúo formado por Samuel Diz e o oboísta Benxamín
Otero ofrecerán agora concertos en Santiago e A Coruña nos que
interpretará os temas de Memorias da melancolía. No caso de Santiago, as
actuacións terán lugar na sede da Fundación Granell, onde ofrecerán un
total de cinco pases. Os dous primeiros serán ás 12,00 e ás 13,00 horas.
Xa pola tarde as actuacións empezarán as 17,00 horas, ofrecendo un pase
por cada hora ata ás 19,00. En todos os casos o aforo estará limitado e
para asistir será preciso inscribirse previamente poñéndose en contacto
coa Fundación.
No caso de A Coruña a actuación será no Museo de
Belas Artes este domingo, ás 12,30 horas, e contará coa participación de
Yolanda Castaño, quen porá voz a fragmentos das memorias de María
Teresa León nunha tradución ao galego. Esta actuación servirá ademais
como acto de clausura da exposición O legado de Maruxa Seoane.
Ningún comentario:
Publicar un comentario