25 de set. de 2020

O ROSAL

Homenaxe ao D. Isaac polos seus 50 anos no Rosal  

O Concello agasallouno cun Castelao de Sargadelos por este medio século, no que se converteu en figura fundamental do desenvolvemento social rosaleiro   

 

De esq. a der.:  Ánxela Fernández Callís, D. Isaac Penela Carbajales e Ramón Fernández Leal, na mañá deste venres no Concello do Rosal
 
 

Informa (fotografía e redacción): Concello do Rosal

 D. Isaac Penelas cumpre 50 anos ao fronte da parroquia de Santa Mariña do Rosal, medio século de vida no que o crego converteuse nun piar do desenvolvemento do municipio. Por este motivo, o Concello rendeulle este venres unha homenaxe agasallándoo cunha figura de Castelao de Sargadelos gravado coa frase ‘Grazas D. Isaac por estes 50 anos no Rosal’. 

 Comprometido socialmente, durante estas cinco décadas D. Isaac foi alén das súas obrigas eclesiásticas ata ser un persoeiro fundamental do desenvolvemento social do Rosal, tendo un papel relevante na defensa dos intereses da veciñanza e protagonizando momentoS relevantes da historia rosaleira dos últimos anos.  

 Basta lembrar a súa decisiva achega na defensa dos intereses agrarios na loita dos anos 70 do pasado século por impedir que as augas do río Tamuxe remataran en usos alleos fóra do concello. Tamén o seu desinteresado traballo durante décadas, primeiro na creación da cooperativa agraria do Pilar e despois no desenvolvemento e xerencia da mesma, tempos nos que acadou os seus mellores resultados. 

 Moitas grazas D. Isaac por este medio século de dedicación, pola súa proximidade, humildade e implicación. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario