XIII LIMPEZA SIMLTÁNEA DE RÍOS DE GALICIA
Domingo día 27 de setembro, ás 10:00 horas, no río Tamuxe
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal e a Asociación A Jalleira colaborarán coa limpeza simultánea de ríos impulsada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega) ao abeiro do Proxecto Ríos. Dese xeito, o vindeiro domingo día 27 de setembro voluntarios e voluntarias participarán nesta actividade que, baixo o lema de ‘Móllate polos ríos’, promove a retirada de lixo da beira dos ríos, coa que se busca achegar un gran de area na conservación dos ecosistemas fluviais e concienciar á veciñanza.
O punto de encontro será na Estrada Loureza, 86 - Fornelos (O Rosal), a beira da Adega Lagar de Cervera.
É obrigatorio o uso de máscara.
Información e inscricións: ajalleira@gmail.com
Máximo 10 persoas. Por orde de inscrición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario