4 de set. de 2020

DEPORTES

“La Icónica” chegará ao Baixo Miño a finais deste mes

· O sendeirismo e a marcha nórdica daranse a man no desafío que terá lugar os días 26 e 27 de setembro 

Serafín Martínez - á dereita da imaxe - coas autoridades municipais que asistiron en representación dos concellos e câmaras municipais miñotas
Foto: C.A.G.

Infogauda / O Baixo Miño

 
 O evento deportivo “La Icónica” chegará a comarca do Baixo Miño os días 26 e 27 deste mes de setembro de 2020. A pretensión dos organizadores desta proba de sendeirismo e marcha nórdica é dar a coñecer aos participantes, os encantos dos itinerarios máis espectaculares. No caso da comarca miñota serán: O Camiño portugués pola costa e a Ruta do Miño. 

 O desenvolvemento do programa é o seguinte:

  Etapa 1: Oia - O Rosal - A Guarda.

 Etapa 2: A Guarda - Tomiño - Vila Nova de Cerveira - Valença do Minho - Tui. 

 Os concellos de Oia, O Rosal, A Guarda e  Tomiño, e tamén as câmaras municipais de Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho, uníronse a esta iniciativa da que se agarda un amplo respaldo popular. O primeiro en inscribirse foi o actor, presentador de televisión e destacado deportista David Amor, que se ten convertido na imaxe da proba. 
 
 Todos co bastón que se emprega na marcha nórdica. Así se presentaron as autoridades no acto de presentación oficial da iniciativa que impulsa Serafín Martínez, o deportista rosaleiro e descubridor de novos formatos para realizar este tipo de proxectos nunha época tan complicada pola pandemia. O propio Serafín Martínez foi o encargado de desvelar algúns detalles, como a utilización do bastón. Ao respecto dixo que “aínda que poda parecer de que se trata dun elemento de apoio, a verdade é que se emprega para lograr impulso e, ademais, ten a vantaxe de que evita realizar unha gran carga de traballo físico sobre as costas”. Como deseñador da ruta, indicou que cada participante terá un dorsal, tanto para a proba de sendeirismo como para a de marcha nórdica, pero non se realizará ningunha clasificación final.  

 Ao acto de presentación, que tivo lugar en Oia, asistiron Cristina Correa, alcaldesa da localidade oiense; a rexedora municipal de O Rosal, Ánxela Fernández; José Monte, vereador de Deportes da Câmara Municipal de Valença do Minho; Laureano Alonso, concelleiro de Turismo do Concello de Tui: e Mª Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes do Concello de A Guarda.  

 Carlos Amor, que é a cabeza visible da iniciativa, sinalou que “me parece sensacional que se realicen este tipo de iniciativas. Tengo especial arraigo con el Baixo Miño, por lo que es algo especial el poder participar de forma activa en La Icónica”.  

 Serafín Fernández tamén desvelou que se sortearán varios agasallos entre os participantes, tanto na ruta de sendeirismo como na de marcha nórdica, entre eles unha viaxe con estancia de varios días en Canarias. Ao mesmo tempo, se premiará tamén á mellor contribución ecolóxica, ao animar aos participantes á recollida de residuos durante o seu traxecto.

 As inscricións están abertas na web laiconica.es.

Ningún comentario:

Publicar un comentario