A Xunta de Galicia presenta as propostas consensuadas co Norte de Portugal para abordar no próximo Cumio Ibérico
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe en Bragança na reunión da Comisión hispano lusa de Cooperación Transfronteiriza para preparar este encontro entre os Gobernos de España e Portugal
A Xunta e o Norte de Portugal propoñen avaliar no Cumio Ibérico o impulso do Camiño Portugués para dar un novo pulo ao Xacobeo 2021, acordar protocolos sanitarios conxuntos e a posta en marcha de varias infraestruturas que permitan fomentar a mobilidade na fronteira
A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal tamén traballa nun Plan para paliar o impacto do peche da fronteira varios meses debido á crise sanitaria da covid-19
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, participou hoxe na localidade portuguesa de Bragança na XII
reunión da Comisión hispano portuguesa de Cooperación Transfronteiriza
Foto: X.G.
Infogauda / Bragança (Portugal)
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe na localidade portuguesa de Bragança na XII
reunión da Comisión hispano portuguesa de Cooperación Transfronteiriza
para preparar o XXXI Cumio Ibérico no que participarán o próximo outubro
na Guarda o presidente do Goberno e os seus ministros co primeiro
ministro portugués e os membros do seu Executivo.
No encontro de
hoxe, Jesús Gamallo presentou varias propostas consensuadas co Norte de
Portugal a ter en conta na reunión do Cumio Ibérico do próximo mes,
entre elas a necesidade de crear protocolos conxuntos no ámbito
sanitario e de impulsar o Camiño Portugués a Santiago de Compostela para
dar un novo pulo ao Xacobeo 2021 como elemento integrador da proxección
exterior e eixo vertebrador da cohesión.
En materia de
infraestruturas e mobilidade, a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
solicita a finalización do tren de alta velocidade entre Vigo e Porto e a
construción da saída sur de Vigo para prolongar esta liña, melloras no
tren Celta, así como a conexión internacional por autovía entre Galicia e
o noreste portugués.
T amén se recollen entre as peticións a
abordar no Cumio Ibérico o fomento da mobilidade na fronteira con
medidas que contribúan a reducir o declive demográfico destas zonas e a
apoiar a reactivación da actividade económica e laboral. Estas propostas
xa están a ser incluídas precisamente no Plan de reactivación da
cooperación de proximidade, un documento elaborado pola Xunta e o Norte
de Portugal en coordinación con todos os actores da cooperación
transfronteiriza.
Este plan persegue paliar o impacto do peche da
fronteira entre Galicia e Portugal durante varios meses ocasionado pola
crise sanitaria da covid-19 con estratexias encamiñadas a dinamizar a
cooperación de proximidade e preparar á Eurorrexión para afrontar a nova
realidade post-covid-19.
O director xeral de Relacións Exteriores
e coa UE tamén destacou a importancia de contar co proxecto dunha
Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo para toda a
fronteira levada a cabo pola Comisión hispano-lusa de Cooperación
Transfronteiriza. Na mesma liña, agradeceu que se teña en conta no Cumio
Ibérico a proposta galega para que os Plans de Cooperación e Reforma
dos gobernos de España e Portugal que se envíen a Bruxelas sexan
coherentes sobre a base desa Estratexia Común.
A reunión de hoxe
da comisión foi presidida polo secretario xeral técnico do Ministerio de
Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación, José María Muriel, e
do director xeral de Asuntos Europeos de Portugal, Rui Vinhas, e
acudiron representantes dos Ministerios de Facenda e Política
Territorial dos dous países, así como das Federacións de Municipios
española e portuguesa. Como representación das autonomías, ademais de
Galicia asistiron membros dos gobernos de Castela e León, Extremadura e
Andalucía, ademais de integrantes das Comisións de Coordinación e
Desenvolvemento Rexional (CCDR) do Norte, Centro, Alentejo e Algarve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario