CELSO RODRÍGUEZ FARIÑAS ADVIRTE DO ABANDONO EXISTENTE NA LOCALIDADE
Nesta ocasión chama á atención do Grupo de Goberno Municipal sobor do perigo existente a carón da Praia de Fedorento
Pormenor da “trampa” de alto risco
A “trampa” está na parte exterior da fonte-lavadoiro de Fedorento, a carón da praia
Infogauda / A Guarda
Aportando dúas fotografías, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, do Grupo Municipal de Converxencia Galega, vén de presentar no Concello de A Guarda, a seguinte comunicación:
DEIXADEZ E ABANDONO NA PRAIA DE FEDORENTO
Cada día son máis as fotografías e chamadas telefónicas para que vaiamos a constatar alguna anomalía que demostran a situación de desidia, deixadez e abandono que estamos sufrindo por tódolos rincóns do noso pobo, sin que se tome ningunha medida por parte do Grupo de Goberno Municipal do PSOE, reaccionando tarde e de calquer xeito, despois de que se fai pública a queixa, tendo a vantaxe que cando hai unha mostra gráfica, non poden botar mán da súa frase máis usada “NON NOS CONSTA”.
Nesta ocasión, cando ainda non rematou a tempada de verán, remítennos unhas imaxes sobre a perigosidade e risco de accidente, que se pode dar nunha das praias máis usadas e a donde acuden grupos familiares con bastantes criaturas, que nún descuido, poden sofrer un grave percance.
Nas fotografías que recibimos da Praia de Fedorento, pódense observar cousas. Por unha banda a falta de limpeza da mesma, e logo a “trampa” de alto risco, na que polo que se ve, non é de hoxe a falta desa tapa, dado o crecemento que amosa a pranta que ven crecendo dentro.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, queremos transmitir a Concelleira de Turismo o malestar que existe entre varios dos usuarios dese areal, tanto no apartado da limpeza como no da seguridade para os máis cativos, máis, cando cada pouco aparecen declaracións de distintos voceiros do PSOE soltando “flores” polo gran esforzo que fan para que noso pobo se convirta nunha gran referencia turística.
Reiteramos, que unha imaxe dí máis que mil palabras, e que cada un saque a súa conclusión do que acontece.
A Guarda, a 4 de setembro do 2020
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Sr. Alcalde-Presidente
Sra. Concelleira de Turismo
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario